Luis de la Fuente, convidado de luxo ao 'Día do adestrador' que se celebrará en Pontevedra

Pontevedra
06 de setembro 2024

Ademais de Luis de la Fuente, estarán en Pontevedra Santi Denia, seleccionador español sub 21 e campión olímpico; Pablo Amo, adestrador asistente da Selección Española absoluta, e Antonio Vadillo, adestrador do Palma Futsal, campión das dúas últimas edicións da UEFA Futsal Champions League e nomeado mellor adestrador de fútbol sala do Mundo

Luis de la Fuente
Luis de la Fuente

A sede Afundación de Pontevedra albergará o vindeiro sábado 28 de setembro unha nova edición do xa tradicional 'Día do Adestrador'.

O evento, organizado polo Comité Galego de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), terá como novidade o formato de mesa redonda ademais de contar cun cartel de auténtico luxo.

Neste sentido, visitarán Pontevedra Luis de la Fuente, seleccionador español absoluto, campión da Nations League e da Eurocopa; Santi Denia, seleccionador español sub 21 e campión olímpico; Pablo Amo, adestrador asistente da Selección Española absoluta, e Antonio Vadillo, adestrador do Palma Futsal, campión das dúas últimas edicións da UEFA Futsal Champions League e nomeado mellor adestrador de fútbol sala do mundo.

O Comité Galego de Adestradores da RFGF aproveitará o evento para facer un recoñecemento aos adestradores de honra de fútbol, fútbol sala, fútbol praia e fútbol gaélico.

A inscrición para asistir a esta xornada xa está aberta e pode tramitarse a través do formulario desta ligazón.