Lucía Vázquez estrea o seu calendario internacional en Portugal

Vilaboa
26 de marzo 2014

A ciclista de Vilaboa participa na localidade lusa de Leiria na primeira proba da Taça de Portugal, competición que xa se adxudicou en 2012

Lucía Vázquez durante a Copa Catalá
Lucía Vázquez durante a Copa Catalá

Despois de arrancar en Valladolid a súa defensa do título de campioa no Open de España, Lucía Vázquez inicia agora o seu calendario internacional nunha tempada na que aspira a grandes cotas.

A rider de Vilaboa desprazarase esta fin de semana á localidade lusa de Leiria para disputar a primeira xornada da Taça de Portugal de Mountain Bike, unha competición con varias probas dun día que xa se adxudicou en 2012.

A ciclista do Vicma Bike Team intentará en Portugal sumar puntos no ranking da Unión Ciclista Internacional, dentro da súa intención de lograr a clasificación para os campionatos de Europa e do Mundo da modalidade de cross country.

A cita servirá para ultimar o seu estado de preparación, xa que segundo sinala a propia Lucía Vázquez "hasta mediados del mes de abril no tengo pensado tener mi mejor golpe de pedal y por ahora me toca mantener el tipo ante rivales que están más rodadas".