Lucas Lopes dálle ao Froiz o subcampionato portugués sub-23

Pontevedra
26 de xuño 2024

O ciclista do equipo pontevedrés rozou o triunfo no Campionato de Portugal de Ciclismo en Ruta Sub-23, pero cedeu finalmente ao sprint fronte a Noah Campos

Lucas Lopes (esquerda) no podio do Campionato de Portugal Sub-23
Lucas Lopes (esquerda) no podio do Campionato de Portugal Sub-23 / Federação Portuguesa de Ciclismo

Os Campionatos Nacionais de Portugal de Ciclismo en Ruta deixaron un gran sabor de boca ao Grupo Deportivo Supermercados Froiz.

Un dos seus ciclistas, Lucas Lopes, saboreou o podio cunha medalla de prata na proba sub-23, rozando un triunfo final que se lle escapou ao sprint por apenas 2 segundos.

O campionato celebrouse na localidade de Santa María da Feira e nun circuíto complicado, cunha dura cota de montaña e tramos de empedrado tan típicos do país luso.

Foi unha carreira de eliminación no que se acabou destacando un pequeno grupo, do que formaba parte Lucas Lopes. Con todo no sprint final, picando lixeiramente cara arriba, o máis forte foi Noah Campos.

Na mesma carreira Manuel Marques, corredor tamén do Froiz, finalizou no posto 19.