Lucas García e a súa medalla máis valiosa: Prata no Campionato de Europa Youth

Pontevedra
09 de setembro 2024

Oito meses despois de sufrir un grave accidente de tráfico en Barro mentres adestraba, o novo triatleta pontevedrés do Cidade de Lugo Fluvial logrou unha brillante medalla de prata no Campionato de Europa Youth celebrado na localidade catalá de Banyoles

Lucas García, no podio do Campionato de Europa Youth de Tríatlon en Banyoles
Lucas García, no podio do Campionato de Europa Youth de Tríatlon en Banyoles / Federación Española de Triatlón

O pasado mes de xaneiro, mentres adestraba en bicicleta cos seus compañeiros do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, Lucas García Picón sufría un grave accidente de tráfico en Barro tras chocar cun coche e era ingresado na UCI do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

Algo máis de oito meses despois este xove pontevedrés non só se recuperou, senón que pechou o círculo conseguindo unha gran medalla a nivel internacional.

García logrou a fin de semana unha brillante medalla de prata no Campionato de Europa Youth de Tríatlon celebrado na localidade catalá de Banyoles, un metal co que pecha o círculo e co que deu todo un exemplo de superación e constancia.

O deportista do Cidade de Lugo Fluvial xogou mesmo o triunfo ao sprint, no que se impuxo o francés Leni Remer-Mancini. Un segundo despois entraba en meta o pontevedrés e terceiro, a sete segundos, o húngaro András Szücs completando o podio. Todo iso tras completar 270 metros de natación, 6,6 quilómetros de ciclismo e 1.600 metros de carreira a pé.

Lucas xa lograra un gran éxito en 2023 cando conseguise en Pontevedra o título mundial de grupos de idade na categoría de idade 15-19, pero agora con esta medalla de prata reafírmase como unha das grandes promesas do tríatlon nacional.