Louzán: "Se Abel Caballero quería La Vuelta en Vigo que negociara con Unipublic como o alcalde de Pontevedra"

Pontevedra
09 de novembro 2012

Vigo non acollerá unha etapa de La Vuelta 2013 porque non se moveu. ÿ o que se desprende do tirón de orellas público (e figurado) que Rafael Louzán dedicou ao alcalde olívico, Abel Caballero. Segundo o presidente da Deputación, organismo que coordina o paso da proba ciclista por Pontevedra, o rexedor vigués "igual que o resto, tivo a oportunidade de negociar con Unipublic"

Rafael Louzán durante a rolda de prensa desta mañá na Deputación de Pontevedra
Rafael Louzán durante a rolda de prensa desta mañá na Deputación de Pontevedra / PontevedraViva

Vigo non acollerá unha etapa de La Vuelta 2013 porque non se moveu. ÿ o que se desprende do tirón de orellas público (e figurado) que Rafael Louzán dedicou ao alcalde olívico, Abel Caballero. Segundo o presidente da Deputación, organismo que coordina o paso da proba ciclista por Pontevedra, o rexedor vigués "igual que o resto, tivo a oportunidade de negociar con Unipublic".

Louzán puxo como exemplo diso ao alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, que segundo explicou conseguiu que tralo final de etapa da pasada edición, a capital da provincia acolla o ano que vén unha saída de etapa e gran parte do operativo loxístico da proba durante a súa estadía en Galicia. "Non ten que ir moi lexos para mirar como o actua e como actúan outros", insistiu.

Saía así ao paso das críticas de Abel Caballero, quen tras confirmarse que Vilanova de Arousa sería a saída da Vuelta 2013, afirmou que a Deputación estaba "asasinando" a Vigo. "Este señor é despreciativo con todo o mundo, ata o foi co concello de Vilanova", recordou Louzán. "Estase quedando máis só que nunca con ese tipo de actitudes. Isto vai a favor de todos e en contra de ninguén e el está en contra de todos. Ese é o seu problema".

En todo caso, Rafael Louzán non desbotou a posibilidade de que a proba pase pola cidade de Vigo. Asegura que de cada unha das catro etapas que pisarán terras pontevedresas barállanse cinco escenarios posibles "e deles escóllese un". Por iso é polo que insiste en que Deputación e Unipublic farán "o que consideremos mellor para promocionar a provincia a nivel internacional que é o que buscamos".

Os técnicos analizan o percorrido

En canto ás novidades do paso da Vuelta 2013 pola provincia de Pontevedra, o presidente da Deputación desvelou que técnicos da proba virán a Galicia o vindeiro xoves para analizar, xunto a persoal da institución provincial, o percorrido das catro etapas pontevedresas, que se concretarán "desde a óptica dunha promoción da provincia de primeira magnitude".

Explicou que ata 40 concellos pontevedreses estarán relacionados coa Vuelta 2013, ben polo paso da caravana ciclista por eles ou ben mediante as súas actividades paralelas. Unha proba que, baixo a denominación oficial Rías Baixas-Madrid, presentarase "ao mundo" en Pontevedra "no mes de xaneiro". Será nalgún lugar das Rías Baixas que Louzán non quixo desvelar aínda, "pero en todo caso non será Vilanova de Arousa".