Case dez anos despois de tomar o mando do balompé galego, Rafael Louzán converteuse en vicepresidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF).
Louzán forma parte da nova xunta directiva da RFEF encabezada por Pedro Rocha, que este luns desvelou o seu organigrama nun momento especialmente convulso para a institución.
En total son seis os vicepresidentes nomeados nun órgano de goberno federativo composto por 20 persoas, con 8 mulleres e 12 homes.
Na súa primeira reunión, sinala a RFEF, a xunta directiva recentemente constituída aprobou a convocatoria de eleccións á Asemblea Xeral, Presidencia e Comisión Delegada da Federación para o período 2024-2028, un proceso electoral que se iniciará o próximo 10 de setembro.