Lourdes Domínguez derrota á italiana Roberta Vinci na primeira rolda do torneo de Pekín

Pontevedra
01 de outubro 2012

A rival de Lourdes Domínguez na segunda rolda deste torneo asiático será a británica Lara Robson

A pontevedresa Lourdes Domínguez, que procede da fase previa, derrotou á italiana Roberta Vinci, 15ª favorita, por 6-7, 7-6 e 6-2 na primeira rolda do torneo de Pekín, puntuable para os circuítos WTA e ATP.

Domínguez únese así a Carla Suárez, que o sábado tamén superou a barreira da primeira rolda. Non tivo a mesma sorte María Teresa Torror-Flor, invitada especial da organización, que foi presa fácil da xaponesa Ayuri Morita por 6-3 e 6-0. Lourdes Domínguez terá como rival agora á británica Lara Robson, que venceu á veterana xaponesa Kimiko Dáche-Krumm por 6-4 e 6-4.