Lorena Patiño deleita o seu público cun décimo posto no Europeo de Ciclocrós

Pontevedra
03 de novembro 2024

A ciclista marinense realizou unha remonta espectacular na última volta para terminar décima no Campionato de Europa de Ciclocrós que se está disputando en Pontevedra

Lorena Patiño, no Europeo de Ciclocross
Lorena Patiño, no Europeo de Ciclocross /

A ciclista marinense Lorena Patiño demostrou unha vez máis o seu gran talento ao finalizar nunha meritoria décima posición na carreira júnior feminina do Campionato de Europa de Ciclocrós, celebrada este domingo en Pontevedra.

A nova promesa do ciclismo español completou a proba cun tempo de 38:05, a tan só 35 segundos da gañadora, despois de realizar unha brillante remonta na última volta para finalizar entre o dez mellores de Europa.

Finalmente foi a suíza Anja Gorssman a que levou o título de campioa tras unha emocionante chegada ao sprint na que se impuxo á checa Bukovská e á italiana Pellizotti. As tres corredoras cruzaron a meta nun tempo de 37:30, 37:31 e 37:31 respectivamente.

O resto do equipo español distribuíuse entre os postos 16 e 20, finalizando Aitana Gutiérrez a 2:01, Ana López a 2:17, Maier Olano a 2:42, Nahia García a 3:00 e Lida Castro a 3:28 da gañadora.