O Marín Futsal e o Poio Pescamar xa coñecen o camiño que lles espera na Copa da Raíña, tras o sorteo da segunda rolda da competición celebrada este mércores por parte da Real Federación Española de Fútbol.
Tras unha primeira rolda na que non participaban os equipos da Primeira División, agora si entran en escena, con duelos a domicilio ante equipos da Segunda Futsal.
A eliminatoria, a partido único, xogarase o 1 de novembro, sendo o rival do Marín Futsal o Sala Feme Castellón e do Poio Pescamar o Club Deportivo IES Camoens.
Serán por tanto longos desprazamentos os que deberán afrontar ambos os dous equipos, en especial o conserveiro ao ter o Camoens a súa sede na cidade autónoma de Ceuta.
Estos son los tras el sorteo de la #CopadeLaReinaFutsal.
— Futsal RFEF (@FutSalRFEF) September 21, 2022
Los ya conocen su suerte para la segunda eliminatoria.#FutsalRFEFpic.twitter.com/4rg2cjISzA
No caso de avanzar de rolda, o 6 de decembro terán lugar os oitavos de final da competición, dos que sairán os oito equipo que disputarán a fase final da Copa da Raíña do 28 ao 30 de abril.