Triste noticia no Pontevedra Club de Fútbol, que este xoves confirmou o falecemento dun dos integrantes do equipo técnico das súas categorías inferiores.
Trátase de Juan Carlos Jamardo Lusquiños, que este curso exercía de delegado do equipo Infantil A de Liga Galega, pero que no últimas cinco tempadas adestrou a diferentes equipos da base granate.
"O amor polo noso club, a paixón polo fútbol base e os valores deportivos e persoais que inculcou a tantos e tantos mozos que pasaron polas súas mans son o mellor legado que Lusquiños deixa a todos os seus compañeiros adestradores, empregados do club e xogadores de todas as categorías da casa granate", sinalaron desde o Pontevedra no seu recordo.
"A presidenta do Pontevedra CF, Lupe Murillo, e todo o Consello de Administración desexan mostrar as súas máis sentidas condolencias a familiares, amigos e achegados", sinala un comunicado feito público polo club.