O deporte pontevedrés perdeu este martes a un dos seus referentes, Maite Méndez, adestradora do Club Baloncesto Arxil.
Desde a entidade pontevedresa confirmaron o falecemento aos 62 anos de idade da que foi preparadora do primeiro equipo pontevedrés as últimas 24 tempadas, ademais dunha das alma máter da entidade.
"Maite guiou a numerosos xogadores e adestradores de todas as categorías no seu desenvolvemento deportivo e persoal converténdoa nun referente. O seu compromiso co crecemento do baloncesto na nosa rexión foi exemplar, e o seu legado perdurará nas xeracións vindeiras. Deixou unha pegada indeleble no baloncesto galego coa súa paixón, dedicación e traballo", asegura o Arxil.
A noticia caeu como un duro golpe na familia arxilista, que esta mesma semana debía afrontar a fase de ascenso á Liga Feminina Challenge.
De feito o primeiro partido do equipo no citado play-off está previsto para este xoves 25 ás 18.15 horas en Zaragoza fronte ao Mipelletymas BF León.
O funeral na súa memoria celebrarase este mércores 24 de abril ás 17.30 horas da tarde na igrexa pontevedresa de San Bartolomé, mentres que o velorio terá lugar no Tanatorio Pontevedra, en San Mauro.
O Arxil convidou neste sentido a "categorías inferiores, amigos, compañeiros e membros da comunidade para asistir ao velorio vestindo roupa verde, en honra a Maite e a súa paixón polo baloncesto".
As mostras de condolencia e agarimo cara ao Arxil e a familia de Maite Méndez non tardaron en chegar desde diferentes clubs e personalidades da Boa Vila.
Triste noticia tras o pasamento de Maite Méndez, adestradora do CB Arxil.
— Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) April 23, 2024
Dende o Club Cisne enviamos o noso máis sentido pésame ao clube, a familiares e amigos.
D.E.P. pic.twitter.com/L2njfzMW0Z
O Pontevedra CF e toda a familia granate desexan amosar as súas condolencias polo falecemento de Maite Méndez, adestradora e alma máter do CB Arxil e un dos referentes do deporte pontevedrés nas últimas décadas.
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) April 23, 2024
DEP pic.twitter.com/CQt6fKi2aY
Conmovidos por el fallecimiento de Mayte Méndez, el alma del Arxil. La familia Teucrista envía el pésame al CB Arxil y sobre todo a su familia. D.E.P pic.twitter.com/BmGte4bGfp
— Lirón Teucro (@sdteucro) April 23, 2024
Hoy nos deja uno de los referentes del deporte pontevedrés, Maite Méndez.
— Waterpolo Pontevedra (@WP_Pontevedra) April 23, 2024
Entrenadora del Arxil y gran impulsora del deporte femenino de nuestra ciudad.
Nuestro más sentido pésame para sus familiares y amigos, así como a la familia del @cbarxilpic.twitter.com/tD5Iqd6qgV
Con profundo pesar recibimos a nova do pasamento de Maite Méndez, referente do deporte na nosa cidade. Toda a Sociedad Gimnástica de Pontevedra lamentamos tan inesperada perda e queremos amosar o noso máis sentido pésame a toda a súa familia, amigos e membros do CB Arxil. D.E.P. pic.twitter.com/8jd4qO6VT6
— Sociedad Gimnástica (@SGimnastica) April 23, 2024
Triste noticia para el deporte Pontevedrés debido al fallecimiento de Maite Méndez, entrenadora y fundadora del CB Arxil.
— Leis Pontevedra FS (@LeisPontevedra) April 23, 2024
Desde el Leis Pontevedra mandamos nuestro más sentido pésame al club, familiares y amigos.
D.E.P pic.twitter.com/g340IYWXfZ