Libasse Guèye, titular na derrota do Pontevedra B ante o Betanzos (0-3)

Pontevedra
11 de novembro 2023

O xogador senegalés, que xa gozara de minutos a pasada xornada ante o Silva, foi un dos elixidos este sábado por Jesús Ramos para formar parte do once contra o Betanzos. Con todo, o extremo foi substituído no descanso cando o marcador xa mostraba un 0-3 que foi imposible de voltear  

Pontevedra B - Betanzos no Manolo Barreiro
Pontevedra B - Betanzos no Manolo Barreiro

Non se fixo esperar a titularidade de Libasse Guèye co Pontevedra B despois do seu regreso á Boa Vila.

O xogador senegalés, que xa gozara de minutos a pasada xornada ante o Silva, foi un dos elixidos este sábado por Jesús Ramos para formar parte do once contra o Betanzos. Con todo, o extremo foi substituído no descanso cando o marcador xa mostraba un 0-3 que foi imposible de voltear.

Víctor Guerra foi o encargado de abrir a lata no minuto 5, e aínda que os granates tentaron refacerse tras o golpe, Martín Da Lama puxo máis terra polo medio anotando o 0-2 pouco antes de alcanzar a media hora de xogo.

Tentaron os locais aguantar o asedio rival, pero Víctor Guerra volveu aparecer ao fío do descanso para asinar o 0-3 co que se alcanzou o asubío final.

Consulta a acta nesta ligazón