Despois de parar a súa actividade durante moitos días pola DANA que arrasou á Comunidade Valencia, o Levante volveu competir o fin de semana na liga de Segunda División e agora prepararse para render visita ao Pontevedra Club de Fútbol na Copa do Rei este martes 19 (20.00 horas).
Do mesmo xeito que no seu comperecencia de hai unhas semanas, antes da suspensión do partido de primeira rolda de Copa, o adestrador levantinista Julián Calero desfíxose en eloxios cara aos granates.
"Aínda que estean en Segunda RFEF non é a súa categoría por status e por club", sinalou este luns na rolda de prensa previa ao choque sobre "un rival que hai que respectar e moito"
"Imos xogar contra un equipo que é poderoso na súa competición, que ten un estadio no que podería competir perfectamente en categorías moi superiores, que ten unha historia importante tamén no fútbol español e que por tanto o que temos que ir é a competir e competir ben", afirmou Calero.
O adestrador do Levante incidiu ademais que o Pontevedra "é líder, está en dinámica positiva, vai ter moita xente e apoio no campo", polo que "se dan unha serie de condicionantes que fan que saibamos que o partido vai ser moi complicado. A iso únelle que vimos con pouco ritmo e que hai que xogar tres partidos en sete días".
Julián Calero non esconde en todo caso que "o importante é a liga", e avanza que "evidentemente temos que facer rotacións nalgunhas posicións e así o faremos para darlle frescura ao equipo".
Todo iso condicionado a que "soamente poden xogar catro xogadores con ficha B e temos que ter moito coidado", explicou.
O técnico revelou ademais na súa rolda de prensa que o primeiro plantel do Levante non volverá a casa tras o partido en Pasarón, establenciendo a súa base estes días en Vigo xa que a fin de semana visitará na liga o feudo do Racing de Ferrol.