Triunfo de prestixio para o Stellae Leis Pontevedra para clasificarse para a final da Copa Galicia.
O conxunto pontevedrés, nun vibrante encontro disputado no pavillón de Monte Carrasco, superou nos penaltis a todo un equipo da máxiuma categoría como o Burela nas semifinais do torneo autonómico.
Sostido desde a portaría cunha gran actuaciónd e Dani, o Leis foino crendo co paso dos minutos.
O equipo visitante estrelaba un balón no traveseiro no minuto 14, pero non lograba desarbolar os de Santi Valladares, competitivos en todo momento.
Tras ocasións falladas por ambos os dous bandos, o Leis decidía apostar forte no tramo final xogando de cinco en ataque, pero dous erros na circulación supuxeron senllos goles de Burela que parecían sentenciar a eliminatoria.
Non foi así, xa que os locais nun frenético final recortaron distancias primeiro por medio de Jony e despois igualaron, a un segundo da conclusión, cun gol de falta de Aicardo.
A semifinal decidiríase nos penaltis, e aí apareceu de novo a figura de Dani para deter dous lanzamentos e confirmar a xesta do Leis.
Clasificado para a final da Copa Galicia, espera agora rival do duelo que enfrontará ao ADC Lugo Sala e ao Noia Portus Apostoli.