La Vuelta servirá de homenaxe para catro ciclistas da provincia

Pontevedra
09 de setembro 2014

Gustavo César Veloso, Delio Fernández, Alejandro Marque e ÿscar González recibirán unha homenaxe nas súas respectivas localidades, pola que pasará a proba ciclista os días 11 e 12 de setembro. O futuro dos catro corredores para a próxima tempada está aínda no aire

Recepción na Deputación a Veloso, Marque, Delio Fernández e ÿscar González
Recepción na Deputación a Veloso, Marque, Delio Fernández e ÿscar González / Mónica Patxot

Adoitan reunirse na capital provincial para saír a rodar. Son o máximo expoñente do ciclismo na provincia e por iso a Deputación anunciou unha pequena homenaxe a cada un deles nas súas respectivas localidades con motivo do paso de La Vuelta.

Trátase de Gustavo César Veloso (Vilagarcía), Delio Fernández (Moaña), Alejandro Marque (A Estrada) e ÿscar González (A Estrada), único deles que aínda non deu o salto ao profesionalismo aínda que aspira a iso de cara á próxima tempada.

Co seu futuro no aire, "ogallá poidamos estar os catro xuntos nun equipo correndo unha gran volta" comenta Marque, todos pensan en encontrar un oco no pelotón.

O caso de Marque é especial, encóntrase no medio dun proceso xudicial co equipo Movistar pola rescisión do seu contrato por causa dun expediente de dopaxe do que finalmente foi absolvido. Agora busca acomodo nalgún equipo, ao igual que o seu sucesor como vencedor da Volta a Portugal, un Gustavo César Veloso que recoñece a "sorte que temos de que en Portugal sempre nos recibiron cos brazos abertos".

Isto débese á dificultade de encontrar un equipo español"con só dous profesionais e dous continentais, e un deles vai desaparecer", engade Veloso.

Tamén está pendente do seu futuro Delio Fernández, o mesmo que un ÿscar González que espera pasar a profesionais e que se encontra "fastidiado" tras a decisión da Federación Española de deixalo fóra do Mundial de contrarreloxo a pesar de ser o actual campión nacional sub-23.

O ciclista do Froiz asegura que "non acabo de comprender a decisión, nin eu nin o meu equipo", un agravio que chega "no meu último ano na categoría, quítanme a opción de facer un Mundial e déixanme fóra sen motivo aparante", asegurou o corredor.

Arquivado en