'La Etapa de La Vuelta', marcha cicloturista de 127 quilómetros entre Vilanova de Arousa e o Miradoiro de Lobeira que se celebrará o próximo día 23 de agosto, un día antes do comezo da competición oficial, servirá de homenaxe ás vítimas do accidente de tren de Santiago de Compostela.
Así o confirmou a deputada provincial Begoña Estévez en rolda de prensa: "Unipublic y Deputación somos conscientes de la tragedia y quisimos tener un gesto de homenaje a las víctimas y a sus familias".
A marcha adopta o lema "Pedaladas polo recordo" e pasa a contar cunha inscrición gratuíta en busca dunha maior presenza de afeccionados á bicicleta, devolvendo así as cantidades adiantadas ás preto de 700 persoas anotadas.
A inscrición debe realizarse igualmente a través da páxina web www.etapadelavuelta.com ata o día antes da proba.
Ademais da ruta cicloturista, e para que calquera persoa pode parcipar na homenaxe, a organización decidiu preparar unha marcha paralela de só 7 quilómetros polas rúas de Vilanova para a que non será necesaria inscrición e dirixida, segundo o representante de Unipublic Serafín Martínez, "a niños, gente mayor o sin la preparación necesaria para hacer la ruta larga".