Vilanova de Arousa xa elixiu a batea que se converterá o próximo 24 de agosto no punto de saída da próxima Vuelta a España, unha plataforma que presentou oficialmente este mércores.
Unha reducida expedición inspeccionou a batea, unha das 2.292 existentes na Ría de Arousa, coa presenza do director xeral de Unipublic, Javier Guillén, e autoridades como o presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán.
Dende o medio do mar, a 40 metros da rampa de acceso, partirá a primeira etapa cunha contrarreloxo por equipos de 27 quilómetros con chegada en Sanxenxo, previo paso cor Cambados, Dena ou Portonovo.
Na súa edición número 68, La Vuelta 2013 contará con cinco etapas con acento galego: Vilanova-Sanxenxo, Pontevedra-Baiona, Vigo-Vilagarcía, Lalín-Fisterra e Sober-Lago de Sanabria.