O porto de Vilanova de Arousa será o punto de partida da próxima edición da Volta Ciclista a España, o 24 de agosto de 2013, cunha primeira etapa que partirá dende unha plataforma marítima para rematar nunha localidade do Salnés aínda por determinar.
O que si se confirmou é o paso dos corredores polo centro de Cambados, que ao igual que o pasado ano, verá pasar aos ciclistas do pelotón pola praza de Ferfiñáns.
O primeiro día de competición, como vén sendo habitual nas últimas edicións, será unha contrarreloxo por equipos de "entre 20 e 30 quilómetros" que aínda non foi deseñada na súa totalidade.
Para o director xeral de Unipublic, Javier Guillén, será o preludio dunha gran carreira, "a partir de esta salida veremos un recorrido espectacular y con una serie de etapas que sin duda van a hacer que la Vuelta siga creciendo".