Importante cambio na estrutura do Waterpolo Pontevedra e en especial para o seu equipo de Primeira Nacional Feminina.
Kike García abandona a entidade "por motivos persoais", explica o club pontevedrés.
O adestrador dirixiu ao longo dos últimos 15 anos a equipos do Waterpolo Pontevedra en todas as categorías, ata facerse cargo con éxito da primeira experiencia do waterpolo pontevedrés en categoría nacional, ao lograr dúas tempadas consecutivas a permanencia na categoría.
"Desde o CW Pontevedra agradecemos a Kike todo o que nos achegou durante todos estes anos e desexámoslle moita sorte na súa nova etapa persoal e profesional", asegura a entidade deportiva.
Agora a directiva traballa, adiantan, en "atopar un substituto de calidade e con experiencia" para o seu equipo absoluto feminino pero que colabore tamén coa dirección do resto de categorías do club.