Juan Quintas pon fin ao seu paso polo Teucro

Pontevedra
08 de xuño 2019

Despois de catro tempadas consecutivas, o pivote deixa o club pontevedrés, rescindindo o contrato que o mantería no Teucro ata xuño de 2020

Juan Quintas, no partido entre Teucro e Barcelona no Municipal
Juan Quintas, no partido entre Teucro e Barcelona no Municipal / Mónica Patxot

Juan Quintas convértese na novena baixa do Teucro de cara á próxima tempada. O xogador ourensán deixa o club presidido por Carlos García Alén despois de catro anos consecutivos formando parte das súas filas. 

A pesar de contar cun contrato que o mantería en Pontevedra ata xuño de 2020, o galego, despois de sufrir unha lesión que lle impediu xogar os últimos meses, rescindiu o mesmo antes de tempo.

Ata o momento sábese que o pivote de 24 anos chegou a un acordo cun equipo de Asobal para a próxima tempada, que, a falta de confirmación oficial, podería ser o Cangas, que, a diferenza do club pontevedrés, logrou a permanencia na máxima categoría.

Así, Quintas súmase á lista de xogadores que abandonan o Teucro despois do descenso: Sergio Pérez, Guillermo  Fischer, Jose Rial, Samu Gómez, Cangiani, Carlos Gerhardt, Ismael Bela e Davor Cutura.

En sentido oposto, o francés Christopher Corneil e o arxentino Federico Wermbter convertéronse nas primeiras fichaxes do club pontevedrés, que terá que traballar moito este verán para poder conformar unha plantilla competitivo case desde cero.