Joselyn Brea e Esteban Basanta vencen no Campionato Galego de Dúatlon Sprint

Pontevedra
17 de abril 2022

A contorna da Xunqueira volveu ser escenario dunha proba competitiva coa participación de preto de 140 atletas, que ofreceron espectáculo de alto nivel na cidade do Lérez

Campionato Galego de Dúatlon Sprint
Campionato Galego de Dúatlon Sprint /

Cun tempo de 01:00:25, a atleta hispano-venezolana Joselyn Brea, do Club Deportivo Delikia, lograba a vitoria na proba da modalidade feminina do Campionato Galego de dúatlon Sprint. Na proba masculina, Esteban Basanta do Cidade de Lugo Fluvial lograba a vitoria cun tempo de 53 minutos e 59 segundos.

Eles foron os gañadores da competición que este sábado 16 disputábase na contorna da Xunqueira cun percorrido pola zona da avenida de Bos Aires e a Illa das Esculutras, coa participación de preto de 140 deportistas, que ofreceron unha espectacular proba.

Na proba masculina, o segundo posto foi para Denis Incutti, do Náutico Narón, que quedou a tan só catro segundos do gañador, mentres que a terceira praza foi para Jorge González, do Tritlón Inforhouse de Santiago.

Na categoría feminina, Sara Guerrero, do Náutico Narón, quedaba no segundo posto do caixón e, en terceiro lugar, chegaba Elsa Pena, do Cidade de Lugo, tras completar unha proba cun percorrido de cinco quilómetros iniciais a pé, 18 quilómetros en bicicleta, para finalizar con outro tramo de 2,5 quilómetros correndo.

A clasificación completa atópase na web da Federación Galega