Jorge Sáez e Sékou Oumar súmanse ao proxecto do Arosa

O Salnés
17 de agosto 2019

O media punta madrileño e o delantero procedente de Gibraltar firman co equipo de Rafa Sáez e súmanse ás anteriores oito fichaxes do club

Jorge Sáez e Sékou Oumar novas fichaxes do SC Arosa
Jorge Sáez e Sékou Oumar novas fichaxes do SC Arosa

O Arosa Sociedad Cultural continúas dando forma ao seu primeiro equipo para ao próximo curso en Terceira División. En plena pretempada, dous novos xogadores incorpóranse ao cadro pontevedrés para comezar a formar parte do proxecto de Rafa Sáez

A tarde deste sábado, Jorge Sáez firmou o seu contrato no club arousán por un ano. O media punta madrileño chega a Vilagarcía despois de xogar no Bergantiños CF durante tres anos. Anteriormente, tamén formou parte de equipos como o Real Avilés, o Real Burgos, o Getafe CF e o Rayo Vallecano B.

Pola súa banda, fixo o seu Sékou Oumar. O dianteiro zurdo de 20 anos procede da Primeira División en Gibraltar, aínda que tamén xogou nos andaluces Atlético Alagabeño e o Don Bosco Juvenil. Agora, chega ao Arousa para quedar, polo menos, unha tempada.

As dúas novas incorporacións súmanse ás oito anteriores de Pedro Nogueira, Pedro  Beda, Pedro García, Miguel Dieste, Javi  Fontán,  Rober Fernández, Adrián Gómez e Sergio Cotilla 'Coti'.