Jesús Ramos sobre a derrota do Pontevedra ante o Coruxo por 3-0: "los errores puntuales nos han matado"

Pontevedra
13 de decembro 2020

O Pontevedra chegaba imbatible á cita ligueira e viuse cun gol en contra no primeiro minuto de xogo. Aínda que o equipo ía coa idea de competir e de gañar os tres puntos, ese gol, e o segundo cando mellor estaban a xogar, condenáronos á derrota. "A veces en el fútbol hay errores puntuales. Hubo dos situaciones de despeje, despejamos mal y nos han matado", explica o técnico

Jesús Ramos, no partido de liga entre Pontevedra e Unionistas en Pasarón
Jesús Ramos, no partido de liga entre Pontevedra e Unionistas en Pasarón / Cristina Saiz

Jesús Ramos, técnico do Pontevedra CF, compareceu ante a prensa tras a derrota dos granates ante o Coruxo de O Vao.

O Pontevedra chegaba imbatible á cita ligueira e viuse cun gol en contra no primeiro minuto de xogo. Aínda que o equipo ía coa idea de competir e de gañar os tres puntos, ese gol, e o segundo cando mellor estaban a xogar, condenáronos á derrota. "A veces en el fútbol hay errores puntuales. Hubo dos situaciones de despeje, despejamos mal y nos han matado", explica o técnico.

A falta de ideas durante a primeira metade foi algo en grao sumo criticado, pero Ramos non cre o mesmo: "hemos intentado jugar por fuera y en bastantes ocasiones fuimos capaces pero fallando por errores puntuales, tampoco hay que ser alarmista".

O técnico quita ferro á derrota e chama a ser reflexivos para non cometer os mesmos erros en futuros encontros: "las derrotas son parte del fútbol", comenta, agora temos que "observar el partido otra vez e intentar que no se vuelvan a cometer esos errores".

Pola súa banda, Míchel Alonso, técnico do Coruxo, destacou a entrada ao partido dos seus en canto a intensidade:  "ya era hora que tuviéramos un inicio así", explica á vez que resalta a capacidade do equipo de "minimizar al Pontevedra e imponernos. Sabíamos que era importante que no tuvieran campo para correr".

Por último, Alonso cre que o resultado do encontro foi mérito dos seus: "cuando eres capaz de ganar 3-0 a un equipo imbatible, ajustarnos y generar más ocasiones, el mérito es del Coruxo".

Rolda de prensa dos técnicos de Coruxo e Pontevedra CF