O Pontevedra Club de Fútbol presentou este martes oficialmente á súa última fichaxe, o dianteiro Jesús Berrocal, que co inicio da semana incorporouse aos adestramentos do equipo.
Berrocal asegurou na súa primeira comparecencia como xogador granate estar preparado para debutar co equipo o vindeiro domingo (17:00 horas) ante o Toledo, sempre que Luisito o considere oportuno, despois de completar a pretempada co Hércules de Alacante, o seu club de procedencia. "Rescindí con el Hércules el 31 y entrené con ellos a diario", explicou ao falar do seu momento de forma.
O ariete andaluz recoñeceu que "me llamó mucho lo que es el club y la ciudad", á que chega co obxectivo de "hacer el máximo número de goles posibles".
En canto ás súas primeiras impresións en Pontevedra, e á complicada situación que vive o equipo tras o seu mal inicio de liga, Jesús Berrocal ve "un vestuario muy bueno, muy sano y sobre todo con muchas ganas de reaccionar y hacerlo bien".
A do dianteiro é unha aposta do club, xa que ao contrario que con gran parte do plantel asinouno por dúas tempadas, algo que o responsable da planificación deportiva, Roberto Feáns, xustificou pola súa experiencia en categorías superiores e en "equipos importantes".
Feáns recoñeceu ademais que "a lo largo de este año esperamos poner pilares fijos para no hacer tantos cambios a final de temporada", tal e como se viron obrigados a facer nos últimos veráns.