Jéssica Bouzas mete a España na fase final da Billie Jean King Cup

O Salnés
13 de abril 2025

A cántabra Cristina Bucsa superou a checa Marie Bouzkova (7-5 e 6-1) e Bouzas sentenciou ante Linda Noskova (6-4 e 6-1)

Jéssica Bouzas na Billie Jean King Cup en Ostrava
Jéssica Bouzas na Billie Jean King Cup en Ostrava /

A tenista vilagarciá Jéssica Bouzas foi unha das grandes protagonistas do equipo español na Billie Jean King Cup, asegurando a súa clasificación para a fase final do torneo a pesar da ausencia de Paula Badosa.

O equipo capitaneado por Carla Suárez derrotou a Brasil na fase de clasificación, coa debutante Bouzas logrando unha vitoria crucial ante o número 1 de Brasil, Beatriz Haddad Maia, cun marcador de 6-3, 4-6 e 6-4.

O seu triunfo sumouse ao de Sara Sorribes, quen derrotou a Laura Pigossi por 6-3 e 7-5.

España xogouse o pase á fase final contra República Checa, con Cristina Bucsa abrindo a eliminatoria cun 7-5 e 6-1 sobre Marie Bouzkova.

Con esta vitoria adiantou o combinado nacional e Jéssica púxolle o broche de ouro derrotando en hora e media e cun cómodo triunfo por 6-4 e 6-2 a Linda Nosková, número 33 do ranking.

Con esta vitoria, España accede á rolda final na que xa están clasificadas Ucraína, Gran Bretaña e Kazajistán.

As finais da Billie Jean King Cup celebraranse en Shenzhen (China) do 16 ao 21 de setembro.