Jéssica Bouzas avanza de rolda na previa do WTA 1000 Cincinnati

O Salnés
11 de agosto 2024

A vilagarciá inicia desta forma a súa xira americana en pista dura. A próxima semana en Cleveland competirá no WTA 250, torneo que servirá como preparación para a súa participación no Open USA na última semana do mes de agosto en Nova York, onde entrará directamente no cadro final  

A tenista arousá Jéssica Bouzas durante un torneo
A tenista arousá Jéssica Bouzas durante un torneo / Federación Galega de Tenis

Quedou ás portas de participar nos Xogos Olímpicos de París, pero a tenista Jéssica Bouzas segue ao pé do canón traballando sen descanso e competindo nos grandes eventos tenísticos do mundo.

De feito, a vilagarciá de 21 anos atópase en Ohio, onde este mesmo domingo iniciou a súa participación na fase previa do WTA 1000 Cincinnati no complexo de Kings Island. 

Alí superou pola vía rápida á veterana ucraína Lesia Tsurenko, que foi incapaz de levarlle o ritmo á tenista galega e caeu por 2-6/2-6.

O seguinte partido de Jéssica Bouzas será este luns fronte á polaca Magdalena Frech, número 50 na clasificación mundial.

A vilagarciá inicia desta forma a súa xira americana en pista dura. A próxima semana en Cleveland competirá no WTA 250, torneo que servirá como preparación para a súa participación no Open USA na última semana do mes de agosto en Nova York, onde entrará directamente no cadro final.