A seleccionadora española Clàudia Pons, revelou este venres a lista de xogadoras que se enfrontarán a Portugal nos amigables que se disputarán do 29 ao 3 de outubro en Huelva.
Entre as seleccionadas atópanse as pontevedresas Jenny Lores, peche do Burela, e Silvia Aguete, porteira do Poio Pescamar.
"No entraba en mis planes ir con la Selección Española", comentou Jenny, moi contenta ante a novidade. Foi chegar a Burela e 'bicar o santo' xa que, en tan só un mes que leva no club lucense, xa recibiu a noticia que non se imaxinaba que ocorrese.
A peche acaba de proclamarse campioa da Recopa de Europa xogada en Milán e da Supercopa de España, pero a pesar diso, ser unha das 14 xogadoras convocadas "es el colmo de los colmos. Al final hay jugadoras que tienen su hueco y su nombre", explicou.
É por iso, que ante a gran noticia sente moi ilusionada e con moitas ganas de afrontar este novo reto para poder gozar desta nova experiencia para ela
Pola súa banda, Silvia Aguete, volve á convocatoria despois da dura lesión que sufriu hai uns meses e a mantivo afastada dos terreos de xogo, motivo polo que se perdeu a anterior concentración da selección.
Despois dunha dura recuperación e de tanto traballo para poder volver competir ao máximo nivel, a porteira do Poio está "muy ilusionada" de volver á lista de Pons, "todas las concentraciones son especiales, y después del Europeo mucho más", comentou.
O primeiro amigable xogarano o martes, 1 de outubro ás 19:00 horas no Palacio dos Deportes Carolina Marín e o segundo será ao día seguinte, 2 de outubro, tamén ás 19:00 horas no pavillón de San Juan del Puerto.