Esta fin de semana tivo lugar un torneo de FIFA20 no que participaron xogadores e afeccionados do club granate. As caras visibles do torneo, Álvaro Bustos e Javier Bonilla , caeron en cuartos e semifinais respectivamente, fronte a un Corty que nada puido facer na final contra Javier Pacheco.
O xogador do filial viña dun duro partido contra Sky_Dani, que se resolveu cun gol de ouro tras máis de 40 minutos extra. A vitoria realzaba a confianza de Pacheco que, liderando a un bo PSG, gañaba con solvencia ao Barsa de Corty.
O seu rival na final convertérase no "vilán" do torneo tras eliminar aos dous participantes favoritos da afección, Bustos e Bonilla. O marcador finalizaba cun 5-2 que mostraba a clara superioridade do defensa do Pontevedra durante todo o partido.
O torneo retransmitiuse a través da canle de Twitch de Pecepe e houbo varias conexións con Radio Galega. Tamén se contou coa presenza de Raúl Villares de Galicia en Goles, quen axudou a narrar as semifinais.