Javier Gómez Noya recibe en Oviedo o Premio Princesa de Asturias dos Deportes

Pontevedra
21 de outubro 2016

O Teatro Campoamor de Oviedo acolleu este venres a cerimonia de entrega dos Premios Princesa de Asturias, na que Gómez Noya converteuse no primeiro deportista galego en lograr tan alta distinción. Ademais do seu "incontestable e brillante palmarés", o xurado recoñeceu "os valores de esforzo e perseveranza ante a adversidade" demostrados ao longo da súa carreira deportiva

Javier Gómez Noya recibe o Premio Princesa de Asturias dos Deportes
Javier Gómez Noya recibe o Premio Princesa de Asturias dos Deportes

O Teatro Campoamor de Oviedo foi escenario este venres da cerimonia de entrega dos Premios Princesa de Asturias, nos que Javier Gómez Noya converteuse no primeiro deportista galego en lograr tan alta distinción.

O triatleta, cinco veces campión do mundo nunha disciplina considerada minoritaria, recibiu de mans do Rey Felipe VI o recoñecemento ao seu "incontestable e brillante palmarés".

O xurado recoñeceu tamén "os valores de esforzo e perseveranza ante a adversidade, demostrando unha enorme fortaleza e un encomiable espírito de superación en toda a súa carreira".

Ata A Súa Maxestade Felipe VI falou no seu discurso do galego como "un verdadero modelo" e "un símbolo de los mejores valores del deporte", ademais de "un orgullo para Galicia y España".

Gómez Noya une así o seu nome unha lista de premiados na que figuran outros mitos do deporte nacional e internacional, como Rafael Nadal, Fernando Alonso, Michael Schumacher, Yelena Isinbayeva, Haile Gebrselassie, os irmáns Gasol, José María Olazábal ou as seleccións españolas de fútbol e baloncesto, entre outros.