Javier Carballo, novo preparador físico do Club Balonmano Cisne

Pontevedra
16 de xullo 2023

A nova incorporación ao equipo técnico do Cisne é doutor en Ciencias da actividade física e do deporte, ademais de docente e investigador na Facultade de Ciencias do Deporte do campus pontevedrés

Javier Carballo, novo preparador físico do Cisne, deseñou un prototipo de ergómetro cando era estudante
Javier Carballo, novo preparador físico do Cisne, deseñou un prototipo de ergómetro cando era estudante / Universidade de Vigo

O Club Balonmano Cisne publicou en redes sociais a súa última incorporación ao equipo técnico. Trátase de Javier Carballo, doutor en Ciencias da actividade física e do deporte.

O novo preparador tamén exerce como docente e investigador na Facultade de Ciencias do Deporte no campus pontevedrés.

Segundo indica o propio Javier Carballo realizará tamén funcións de readaptador.

Na súa época de estudante foi campión de Europa de salvamento deportivo nas modalidades de sprint e bandeiras. Ademais elaborou, nesa mesma etapa, un ergómetro que simula o adestramento cunha piragua no mar para facilitar os adestramentos aos deportistas en días de mal tempo.