Despois de case dúas semanas de adestramentos, a Sociedad Deportiva Teucro afronta o seu primeiro partido nesta pretempada ante o Bueu Atlético (Sábado 18:00 horas no Pavillón Municipal). Antes de que iso se produza o técnico azul, Javier Barrios, analiza a situación do equipo e a liga que está a punto de comezar e na que o obxectivo, a pesar do logrado o pasado ano, volve ser lograr a permanencia na categoría:
O equipo está case ao completo (só falta David García Pichel que está a disputar o Mundial xuvenil), como ves o equipo?
Estamos a traballar no aspecto físico e con moi bo ambiente entre eles. Tendo en conta a calor destes días ou as obras do pavillón, traballando metidos no po, a actitude está a ser perfecta.
Fóronse homes importantes pero o bloque do equipo segue intacto, nótase á hora de traballar?
A nivel colectivo aínda fixemos poucas cousas, primeiro estamos a buscar unha base física para poder traballar despois os aspectos técnico-tácticos, pero no pouco que fixemos hai moita predisposición, veremos cando esteamos todos os roles nos que se moverá o equipo. Pola forma de traballar deles penso que o imos conseguir máis ben pronto que tarde, pero ata que os equipos rivais nos poñan no noso sitio non veremos as dificultades reais que imos ter.
Javier Barrios: "Hai moitos favoritos pero a liga regular o que ten é que ao final premia o que traballou ben todo o ano"
A División de Honra Prata ampliouse 16 equipos, a esixencia é maior?
ÿ unha tempada con máis equipos, con máis partidos e as esixencias virán polo nivel da competición. O ano pasado foi curta e explosiva porque había moitos equipos que aspiraban a meterse e ao final houbo xente que fallou, xente con máis potencial ca nós para meterse no play-ff. Este ano tamén hai moitos favoritos pero a liga regular o que ten é que ao final premia ao que traballou ben todo o ano, niso confío eu, que ao longo da tempada poidamos facer unha boa clasificación, de entrada salvar a categoría e logo, como fixemos o ano pasado, veremos ata onde podemos chegar.
Cales son os rivais a bater?
Empezando polos que descenderon está o Octavio e Palma del Río, dous equipos afeitos a competir ao 100% e que non van dar facilidades. Está a Barcelona B, o Torrelavega quererá desquitarse do erro do ano padado, como o Sinfín. Despois ascendeu un equipo como Antequera, hai xente nova na categoría que non o vai poñer doado como o Zamora ou o Chapela, que ten bos xogadores e a motivación de estar nunha categoría nova os vai facer complicados, Zarautz teñen un bo equipo e Ereinzta terá aprendido dos erros do ano pasado. Non se nos esqueza tampouco o primeiro rival, o Pozoblanco, que montou o ano pasado o equipo a unha semana de empezar a competición e dentro dese equipo había moi bos xogadores, este ano poden converterse no que fomos nós o pasado. Está todo moi aberto.
O final da tempada pasada achegou de novo o balonmán a moitos afeccionados, esperas que se manteña ese apoio?
ÿ importante que todo o que estamos a falar se vexa plasmado en que a afección ten que responder de cara ao equipo. Ogallá poidamos retomalo onde nos deixaron o ano pasado e a partir de aí crecer, porque o club os necesita.