A confección do plantel do Cisne para o próximo desafío en División de Honra Prata avanza cunha nova renovación. O extremo Javi Vázquez amplía o seu contrato por un ano máis para alcanzar as once tempadas consecutivas como integrante do primeiro equipo do conxunto branco.
Nun vídeo compartido a través das redes sociais da escuadra lerezana, o veterano xogador confirma a súa renovación declarando que "estou contento de anunciarvos que seguirei xogando no Cisne un ano máis. Estou seguro de que teremos por diante unha tempada moi ilusionante que gozaremos todos tanto na pista como na bancada. Vémonos no Municipal".
Ao longo das últimas tempadas, Javi Vázquez foi unha das grandes referencias do primeiro equipo branco, co que celebrou dous ascensos a Liga Asobal. Aínda que, nos últimos cursos a súa achega goleadora e minutos de xogo foron a menos, a súa experiencia convérteo nun dos grandes referentes do vestiario pontevedrés.
A súa continuidade no equipo súmase ás de Bruno Vázquez, Dani Serrano, Iván Calvo, Franzini, Furtado e Mateo Arias, así como as fichaxes de Rubén Etayo e Alberto Delgado. Todos eles estarán ás ordes de Jabato, que retoma as rendas do banco tras a marcha de Javier Márquez.
RENOVACIÓN | Nuestro capitán y extremo izquierdo seguirá vistiendo la camiseta cisneista un año más, llevando 11 temporadas en el primer equipo pic.twitter.com/6qS03TuzRJ
— Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) July 10, 2023