Golpe de efecto do Arosa para completar o plantel co que buscará o ascenso de categoría.
O club arlequinado confirmou este martes a fichaxe de Javi Rey, centrocampista pontevedrés con ampla experiencia en categorías superiores, especialmente en Segunda B /Segunda RFEF.
Formado no Pontevedra, Rey pasou un ano no filial do Valencia antes de recalar en Lugo, onde debutaría en Segunda División. Celta B, Guijuelo, UD Logroñés, Badajoz, UCAM Murcia, Racing de Ferrol, de novo Pontevedra, Real Aviles e Talavera son os equipos polos que pasou ao longo da súa carreira.
A pasada campaña, en Talavera na Segunda RFEF, participou en 20 partidos de liga, todos eles como titular.
Todo un reforzo contrastado e de garantías para o Arousa de Míchel Alonso, que decide baixar un chanzo nunha "oportunidade perfecta" segundo o propio futbolista para asentarse de novo na casa tras moitos anos fóra.
Javi Rey será presentado oficialmente como xogador do Arosa o vindeiro venres 26 de xullo.