O Marín Peixe Galego e Javier Llorente seguirán unidos. Só uns días despois de lograr o ascenso á liga LEB Prata pechando unha tempada perfecta, sen perder un partido, o club marinense confirmou a renovación do seu técnico.
Encárgalle ademais un proxecto a longo prazo, e é que Llorente seguirá ligado ao Peixe durante as tres próximas tempadas.
A entidade da Raña encárgalle dous obxectivos nesta nova etapa, por unha banda facilitar o camiño aos mozos da base cara ao primeiro equipo e por outra asentar ao club "nas ligas LEB, Ouro ou Prata", explicou o Peixe Galego.
Desta forma Javi Llorente seguirá sumando tempadas en Marín, tras máis de 12 anos vinculado á entidade en diferentes facetas.
O acordo inclúe ademais que o adestrador supervisará tamén un equipo sénior de Liga Autonómica.