Jacobo Maestre asume a coordinación da secretaría técnica do Pontevedra

Pontevedra
17 de xullo 2024

Natural de Puertollano (Ciudad Real) ocupaba ata o pasado mes de abril o posto do director xeral do CD Estepona, equipo andaluz de Segunda RFEF

Jacobo Maestre, novo coordinador da secretaría técnica do Pontevedra CF
Jacobo Maestre, novo coordinador da secretaría técnica do Pontevedra CF / Pontevedra Club de Fútbol SAD

O Pontevedra Club de Fútbol confirmou este mércores unha nova incorporación para a súa secretaría técnica.

Jacobo Maestre será a partir de agora o coordinador deste departamento, no que tamén se atopa Charles Dias, engrosando desta forma a estrutura nos despachos da entidade granate.

Natural de Puertollano (Cidade Real), Maestre ocupaba ata o pasado mes de abril o posto do director xeral do Club Deportivo Estepona, equipo andaluz de Segunda RFEF.

Antes formara parte durante tres tempadas da rede de 'scouting' do Cádiz Club de Fútbol, e previamente desempeñou o cargo de director deportivo nas escolas deportivas de Las Rozas Club de Fútbol.

Licenciado en CAFYD, posúe ademais o título de adestrador, e de feito conta con experiencia nos bancos de Segunda B a cargo do Puertollano (campaña 10-11).

O novo coordinador da secretaria técnica posou coa bufanda do seu novo club, o Pontevedra, desde o céspede do Estadio Municipal de Pasarón.