Santomé de Piñeiro, en Marín, será escenario o vindeiro sábado 12 de outubro dunha nova edición da Carreira Pinga-Pinga.
O evento deportivo cumpre 14 edicións baixo a organización do Club Deportivo Pinarium e da Comunidade de Montes de Santomé.
A Pinga-Pinga cambia esta vez de horario, pasando a celebrarse pola mañá, arrincando coa proba absoluta ás 11.00 horas e seguindo coas de menores de idade a partir das 12.00 horas.
Serán preto de 300 os participantes, segundo desvelaron na presentación oficial que tivo lugar no Concello de Marín.
Como cada ano haberá un deportista homenaxeado, e nesta ocasión será o triatleta Iván Raña, todo un pioneiro do seu deporte que foi campión mundial no ano 2002.