O Open de Taekwondo de categoría G2 celebrado esta fin de semana en Turquía, trouxo unha medalla para o taekwondo pontevedrés da man de Iván García, única medalla galega deste Open. Pola súa parte, Sara Cortegoso e Arlet Ortiz quedáronse as portas do podio tras caer en cuartos de final da competición.
Iván (-87, Mat's de Marín) comezou a competición sendo moi superior ao seu opoñente, o turco Ali Bicakci ao que derrotou por 5-25. En segunda rolda esperáballe outro competidor do país anfitrión e aínda que foi un combate máis complicado para o do Mat's, conseguiu gañar sen excesivos problemas (5-12). En cuartos de final o seu rival foi Iván Konrad Trajkovic (Eslovenia). Tratouse dun combate máis duro e axustado onde o deportista galego comezou mandando no marcador pero o esloveno conseguiu remontarlle. Finalmente, Iván García púidose repoñer garantindo así a medalla de bronce (10-12). En semifinais enfrontouse a Davronbek Azimov (Usbequistán) onde quedou a tan só 2 puntos do seu rival, que acabou campión do torneo.
Pola súa banda, Sara Cortegoso(-46, Mace Sport de Pontevedra) estivo preto do podio tras conseguir chegar aos cuartos de final pero quedou eliminada pola turca Filiz Ogel (24-17)
Arlet Ortiz (-57, Mat's de Marín) tamén quedou ás portas do podio tras facer un bo campionato e caer eliminada nos cuartos de final por Fernanda Aguirre (Chile) onde todo decidiuse no punto de ouro que finalmente se decantou a favor da chilena (0-1).