Iuri Leitão, ciclista do Froiz, proclámase campión de Europa en pista

Pontevedra
13 de novembro 2020

O ciclista portugués conseguiu a medalla de ouro na modalidade de scratch nos campionatos de Europa de ciclismo en pista que se están disputando na localidade búlgara de Plovdiv

Iuri Leitão (centro) no podio dos Campionatos de Europa de Ciclismo en Pista
Iuri Leitão (centro) no podio dos Campionatos de Europa de Ciclismo en Pista / Federaçao Portuguesa de Ciclismo

A tempada ciclista de estrada xa chegou ao seu fin, pero a pista gardáballe unha última alegría ao Grupo Deportivo Supermercados Froiz.

Un dos seus corredores, o portugués Iuri Leitão, proclamouse campión do Europa nos campionatos en pista que se están celebrando en Plovdiv, Bulgaria.

Leitão colgouse a medalla de ouro na proba de scratch, conseguindo o primeiro triunfo do ciclismo portugués en pista en europeos e mundiais de elite.

O xoven corredor conseguiu o título grazas en gran medida á arrancada en solitario a metade de carreira que lle permitiu gañar volta. Aínda así, non se conformou coa súa boa situación e meteuse noutro corte de cinco ciclistas que lle permitiu entrar primeiro en meta.

Ao final Leitão levou o ouro acompañado no podio do ucraíno Roman Gladysh e o británico Ollie Wood, prata e bronce respectivamente.