Irene Vilaboa continuará por quinta tempada consecutiva á fronte do Teucro

Pontevedra
16 de xaneiro 2024

A adestradora, que chegou ao Teucro na tempada 2020-2021 en substitución de Luis Montes, dirixirá o equipo por quinto ano consecutivo como responsable do banco azul

Partido entre Cisne e Teucro no III Torneo Internacional Cidade de Pontevedra
Partido entre Cisne e Teucro no III Torneo Internacional Cidade de Pontevedra / Mónica Patxot

A Sociedade Deportiva Teucro comunica o "acordo total" ao que se chegou con Irene Vilaboa, actual adestradora do primeiro equipo, para que siga á fronte durante a Tempada 2024-25.

A adestradora, que chegou ao Teucro na tempada 2020-2021 en substitución de Luis Montes, dirixirá o equipo por quinto ano consecutivo como responsable do banco azul.

Para o Club, este acordo ten unha "importancia vital" xa que, segundo a xestora, "supón a continuidade dun proxecto iniciado hai unhas tempadas, no que se puxo todo o traballo e esforzo para conseguir paulatinamente unha situación estable a nivel a nivel deportivo, económico, social e institucional e sentar as bases do que esperamos culmine nun club sólido a todos os niveis e con futuro".

Así, esta renovación supón “un paso moi importante para acadar os obxectivos propostos, por iso dende o club vemos con moita ilusión o prometedor futuro que esperamos para este Club nos próximos anos”, sinalan dende a directiva teucrista.