O capítulo de renovacións no Poio Pescamar está cada vez máis encamiñado.
O conxunto conserveiro confirmou este venres a continuidade de Irene García, converténdose na quinta renovación no plantel dirixido por Manu Cossío.
A peche valisoletana cumprirá así, a pesar da súa mocidade, a súacuarta campaña na Seca tras chegar ao club no verán de 2018 procedente do Universidad de Valladolid e con só 18 anos.
Desde entón foi gañando presenza e peso no equipo cada ano ata estrearse este curso como internacional coa Selección Española.
Irene únese a unha lista de futbolistas xa confirmadas que completan de momento Dani Sousa, Caridad, Luci e Ana Rivera.