FERROL: Servizo especial para Pontevedraviva de www.ferrol360.es. Texto de Raúl Salgado e Fotos de 13Fotos.
O Pontevedra terá que seguir remando para tentar estar na fase de ascenso. Tiñan este domingo unha gran oportunidade para deixar a clasificación encarrilada, tras a derrota do Valladolid B, pero víronse sorprendidos nas Somozas polo pechacancelas da competición.
Un gol dun dos veteranos do equipo, Antonio López, valeulle ao Somozas para tombar ao Pontevedra no Alcalde Manuel Candocia. No sentido máis estrito do termo, xa que o conxunto de Luisito non atopou remedio para construír esta vez unha remontada e deixou tres puntos determinantes na súa loita.
O descenso a Terceira División dos locais, certificado a pasada semana en Vigo, non impediu que o cadro de Stili ofrecese unha imaxe correcta. Ese feito motivaría á conclusión do duelo o enfado do técnico granate, chegando a afirmar que os seus fixeran o ridículo.
O certo é que os pontevedreses non presionarían a tecla adecuada e tampouco os cambios deixarían efectos claros. Un tanto solitario tras un saque de esquina mal defendido bastou ao Somozas ante a inoperatividade atacante dos lerezanos.
A derrota proxecta de sombras a traxectoria máis recente do Pontevedra, que dilapidou parcialmente a súa vantaxe como escuadra que pecha o cuarteto que loitaría pola categoría de prata. Especialmente frustrante, ademais, porque seu foi o dominio con evidencia nos compases iniciais. Con todo as ocasións escasearían e os puntos tinguíanse de verdibranco.
UD SOMOZAS (1): Carlos Molina, Sergio Pereira, Isi (Manu Mariña en el 66), Cristian Pérez, Antonio López (Pablo González en el 69), Óscar Sielva, Fran Núñez (Toni Rodríguez en el 75), Javi Rami, Pedrosa, Pancho Cotos, Arkaitz Ruiz
PONTEVEDRA CF (0): Edu Sousa, Miguel Loureiro, Bonilla, Álex Fernández, Bruno Rivada (Adrián Mouriño en el 64), Kevin Presa, David Añón, Jacobo Trigo, Mario Barco, Abel Suárez (Mateu en el 46), Álex González (Eneko en el 50)
Gol: 1-0, Antonio López, minuto 25
Árbitro: Pedro Eugenio Muñoz Piedra (Comunidad de Madrid). Amoestou aos locais Pancho Cotos e Pablo González e ao visitante Bruno Rivada
Incidencias: Alcalde Manuel Candocia; 500 espectadores, con importante presenza de afeccionados do Pontevedrareda