Novo destino para Iñaki Martínez, canteirán do Pontevedra que unha vez finalizada a súa etapa sub-23 abandona a casa granate co obxectivo de tomar impulso noutro club histórico da provincia, o Arosa.
O extremo zurdo comprometeuse co club arlequinado para a próxima tempada, na que xogará en Terceira RFEF, aínda que o Pontevedra garda unha opción de recuperalo a final de curso.
Trátase dunha operación similar á acometida entre ambas as dúas entidades co caso de Santi Figueroa.
Iñaki reencontrarase desta forma na Lomba con Luisito, o adestrador que lle fixo debutar na Segunda División B, categoría (Segunda B / Segunda RFEF na que sumou 11 encontros nos últimos anos).
Formado no Portero 2.000 e o Bora, Iñaki chegou ao Pontevedra en idade xuvenil, xogando tamén no filial e un ano como cedido no Rápido de Bouzas.
"Vai ser un ano bonito porque veño de dúas tempadas con poucos minutos no Pontevedra e creo que podo axudar ao Arosa", asegura o futbolista, para quen é "espectacular poder xogar nun club co que ten detrás e coa súa historia".