Cun gran cabezazo no minuto 56, Iñaki rompeu a mala serie do Arosa de 326 minutos sen anotar e dálle ao seu equipo a primeira vitoria da tempada fronte ao Villalbés. O Villalonga, pola súa banda caeu 4-2 en ante o líder Viveiro e segue sen saber o que é gañar en Terceira RFEF.
VILLALBÉS 0 - 1 AROSA
Saltou o Arosa ao verde con ganas de dar un golpe sobre a mesa e afastar as pantasmas que o estaban perseguindo desde a primeira xornada de liga. Urxía unha reacción e chegou en Villalba.
Despois dun primeiro tempo sen apenas ocasións e o conxunto de Míchel Alonso saíu disposto a abrir o marcador e xerou xerou perigo nos primeiros 10 minutos con dous bos centros que neutralizou Álex Santomé.
Con todo, no momento 56 chego o momento decisivo. Despois dun córner sacado por Concheiro, Iñaki cabeceou con forza, pero Santomé despexou cunha gran parada. Samu cazou o rexeite, que tamén o detivo o gardameta, e en segunda xogada, Iñaki non perdoou enviando o balón á rede e dando así por terminada a seca goleadora do seu equipo.
Tentou reaccionar o Villalbés, pero o Arosa pechouse en banda e evitou calquera intento de perigo. Os locais tiveron a ocasión máis clara no 78 cun disparo de Buyo desde a frontal tras un córner, pero o balón foise rozando o traveseiro. Xa no desconto, gozaron da última oportunidade do partido cun testarazo de Javi Varela, pero o balón foise desviado.
VIVEIRO 4 - 2 VILLALONGA
Partido repleto de goles e emocións fortes o vivido en Cantarrana durante a mañá deste domingo entre Viveiro e Villalonga.
Vendo a clasificación, antollábase un partido alcanzable para o conxunto local, pero contra todo prognóstico o conxunto de Sanxenxo abriu a lata no minuto 9 cun gol de Iago Portas.
Tardou en reaccionar o Viveiro, e pasada a media hora de xogo o empate chegou por medio de Adri Lombao, que estableceu o 1-1 co que se alcanzou o descanso.
Ao arranque do segundo tempo o dominio dos locais continuou e Lombao prolongou o seu idilio co gol asinando un dobrete no 48 co que volteaba o resultado. Keita Hassan, no 55, anotou o 3-1, e Germán Giammattei sentenciou no 76 facendo o 4-1. Xa no desconto, Marcos Blanco anotou o 4-2 co que concluíu o encontro.
Consulta a acta do Villalbés-Arosa e do Viveiro-Villalonga