Iago Novo: "Estamos con moitas ganas de reivindicarnos"

Pontevedra
11 de setembro 2024

O futbolista do Pontevedra Club de Fútbol foi o protagonista este mércores na sala de prensa do Estadio Municipal de Pasarón. Asegura que, tras o empate en Santiago, o equipo granate tentará "aprender dos erros, repoñernos e ir a por os tres puntos a Soria"

Iago Novo, no Trofeo Luis Otero entre Pontevedra CF e CD Lugo
Iago Novo, no Trofeo Luis Otero entre Pontevedra CF e CD Lugo / Cristina Saiz

O Pontevedra Club de Fútbol tenta pasar páxina do sucedido en Santiago de Compostela para centrarse no seu próximo e esixente compromiso ligueiro coa visita ao feudo do CD Numancia. 

O do Vero Boquete "foi un resultado que doeu porque sentimos que perdemos dous puntos, pero hai que aprender dos erros, repoñernos e ir a por os tres puntos a Soria", recoñeceu este mércores Iago Novo, protagonista na sala de prensa do Estadio Municipal de Pasarón.

Trátase dun duelo, o dos Pajaritos, que é "dos partidos que gusta xogar, dous equipos que son favoritos, e estamos con moitas ganas de reivindicarnos despois do empate co Compostela", afirma Novo.

O futbolista, unha das fichaxes que se fixo oco desde a primeira xornada no once titular de Yago Iglesias, asegura que "me estou atopando moi ben a verdade" dentro do equipo, e defende que gran parte do duelo no Estadio Vero Boquete porque "eses 70 minutos son a liña para seguir, fomos un equipo dominador, xogando ao que queriamos e sen que o Compostela crease perigo. Hai que seguir nesa liña e que sexan 90".

Novo eloxiou ademais ao próximo rival, un Numancia que "sabe ao que xoga e faino ben".