Viaxe de ida e volta para Iago Cuadrado. O pivote vigués regresa ao Cisne despois de dous anos nas filas do Atlético Novás, para completar o cadro de persoal do equipo branco para a inminente tempada na División de Honra Prata.
Trátase dun excelente reforzo para o conxunto que adestra Jabato co que suplirá a baixa de Daniel Ramos, que ten unha rotura na rótula e manterao afastado do terreo de xogo ata o mes de novembro.
Iago Cuadrado xa mostrou nas dúas tempadas nas que militou no equipo cisneístaser, ser un dos mellores pivotes da categoría, pola súa envergadura e potencia física, cunha excelente achega tanto na faceta defensiva como na atacante, o que permite imprimir maior velocidade ás transicións ao poder prescindir dun cambio.
CAMPAÑA DE SOCIOS
Para esta nova tempada 2019-2020 na que o Cisne competirá co outro equipo da cidade, Santi Picallo, presidente do club, quixo destacar a importancia desta nova tempada coa quebuscarán "lograr el apoyo social por parte de toda la ciudad".
É por iso, que durante a presentación da campaña de socios realizada durante a mañá deste venres, quixo destacar, xunto con Miguel Monteagudo, un dos deseñadores do cartel, a mensaxe desta nova tempada do club.
Hai unha idea clara: "somos un equipo 100% de orixe galego" onde o obxectivo é "apostar por lo local, por el balonmano gallego y por nuestra cantera, con el lema 'Orgullosos do noso'", explicou Monteagudo.
Con respecto aos prezos, non van variar en relación coa tempada anterior e incluiranse 16 partidos e o primeiro da Copa do Rey.
Actualmente contan con case 500 socios pero "el objetivo es llegar a los 700 socios si fuera posible", concluíu o presidente.