Iago Costas preséntase co Cisne con "ganas de aprender, de mejorar y de conseguir los objetivos"

Pontevedra
18 de xullo 2024

O central galego, de 20 anos, foi peza importante no BM Zamora en Prata a pasada tempada. "Encaja en nuestra filosofía. Es un jugador gallego, rápido y técnicamente muy bueno", asegurou na súa presentación o presidente do Cisne, Santi Picallo

Presentación de Iago Costas como novo xogador do Cisne
Presentación de Iago Costas como novo xogador do Cisne / Mónica Patxot

Xornada de presentación no Club Cisne Balonmano, que este xoves deu a benvida a un das súas fichaxes estivais, o central galego Iago Costas.

Fíxoo nun acto celebrado na sede dun dos patrocinadores do equipo (CHS), no que o presidente do club Santi Picallo recoñeceu que ""es un jugador en el que nos fijamos muchos desde las categorías inferiores en Carballal".

Con 20 anos Costas chega ao Cisne tras ser importante a pasada campaña en Prata no BM Zamora, por iso aínda que "hubo posibilidad el año pasado, este año creo que viene muchísimo más maduro. Ha demostrado que es un jugador para estar en esta categoría con solvencia", destacou o dirixente para o que o primeira liña "encaja en nuestra filosofía. Es un jugador gallego, rápido y técnicamente muy bueno".

Iago pola súa banda, nas súas primeiras palabras como xogador cisneísta, afirmou que "volver a casa es un factor importante", ademais de que "conozco a la mayoría de la plantilla, son jugadores jóvenes contra los que jugué desde que empecé a jugar en balonmano y coincidí en selecciones gallegas".

Por iso o central cre "que va a haber un buen grupo. Puede que a lo mejor el factor joven nos juegue un poco en contra, pero también hay muchas ganas de aprender, de mejorar y de conseguir los objetivos".