Hugo Casañas pulveriza outro récord nacional (e xa van 12 este ano)

Pontevedra
23 de xuño 2024

Cos seus case 20 metros rompe o tope anterior marcado por Víctor Roca en 1987 (17.79) e supera a distancia alcanzada por Manolo Martínez (bronce en Atenas 2004) coa súa mesma idade (16.64m)

Hugo Casañas, no Campionato de España Sub16 Short Track de Valencia
Hugo Casañas, no Campionato de España Sub16 Short Track de Valencia / Real Federación Española de Atletismo

Aos seus 14 anos, Hugo Casañas non deixa de romper récords en lanzamento alá por onde vai.

A súa progresión torneo tras torneo crece a pasos axigantados e xa van doce récords nacionais os que pulverizou nos seis meses que levamos de 2024.

Foi esta fin de semana no Torneio Internacional de Lançamentos disputado na cidade portuguesa de Leiria onde o novo atleta volveu a demostrar que o futuro está en boas mans.

Hugo asinou unha tripla mellor marca en peso (5 quilos) cos seus lanzamentos de 18.11m, 18.42m e 19.99m, superando con gran diferenza aos seus opoñentes. De feito, o pontevedrés avantaxou en case catro metros ao sub-18 Denis Hrabar, que foi segundo (15.07m), e en nove ao sub-18 Gabriel Costa (10.99m).

Cos seus case 20 metros rompe o tope anterior marcado por Víctor Roca en 1987 (17.79) e supera a distancia alcanzada por Manolo Martínez (bronce en Atenas 2004) coa súa mesma idade (16.64m)​.