Horacio Cifuentes e Nico Galvano renovan co Tenis de Mesa Monte Porreiro

Pontevedra
04 de xullo 2019

O conxunto pontevedrés confirma a continuidade de dous xogadores que foron claves nas últimas tempadas nun ano no que aspira a dar un paso adiante na  Superdivisión masculina

Nico Galvano, no partido entre o Visit Pontevedra e o Hispalis
Nico Galvano, no partido entre o Visit Pontevedra e o Hispalis / Diego Torrado

O Tenis de Mesa Monte Porreiro quere dar un paso adiante na que será a súa segunda tempada na Superdivisión masculina, e para iso resultaba fundamental asegurar a continuidade do núcleo duro do equipo.

Tras a fichaxe do madrileño Guillermo Martínez, xogador internacional coa Selección Española, agora tocoulle a quenda ás renovacións.

Os arxentinos Horacio Cifuentes e Nico Galvano continuarán un ano máis defendendo as cores do Visit Pontevedra na máxima categoría.

Así o confirmou a entidade, sendo no caso do Galvano a cuarta tempada que estará no equipo como peza clave do seu crecemento. Tamén o foi Cifuentes, que afrontará o seu terceiro curso en Pontevedra tentando deixar atrás un ano convulso, pola lesión no ombreiro que lle impediu axudar aos seus compañeiros durante unha fase da tempada.

"Que un xogador deste nivel, con este grao de compromiso e agarimo por este escudo queira seguir a súa progresión unha tempada máis connosco, só pódenos facer sentir orgullosos", recoñecen desde o Monte Porreiro sobre o seu xogador, número 1 do equipo a pasada campaña.

Pola súa banda sobre Cifuentes sinalan que "será fundamental para o crecemento da nosa canteira e para disputar unha nova e ilusionante tempada en  Superdivision".