Honras en Moraña a Jordi Carrasco, campión mundial M50 de maratón

Umia
16 de outubro 2024

O deportista do Club Deportivo Pinarium foi obxectivo dunha recepción oficial no Concello de Moraña tras o seu recente éxito no Campionato do Mundo de Maratón en Romanía

Homenaxe ao atleta máster Jordi Carrasco en Moraña
Homenaxe ao atleta máster Jordi Carrasco en Moraña / Xunta de Galicia

Morañarendeu homenaxe a un dos seus veciños, Jordi Carrasco, tras a súa sobresaliente actuación en Romanía no recente Campionato do Mundo de Maratón.

Na capital romanesa, Bucarest, o atleta do Club Deportivo Pinarium proclamouse dobre campión do mundo na categoría Máster-50, tras completar os 42,2 quilómetros de percorrido en 2 horas, 33 minutos e 23 segundos.

Ademais do ouro individual sumou tamén o primeiro posto por equipos.

Toda unha xesta que motivou a merecida homenaxe e o agarimo dos seus veciños e amigos.

Alí estaba até o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, quen destacou o "ímpeto deportivo de Jordi, que comezou a correr hai tan só oito anos e hoxe é campión do mundo. É o que queremos que se contaxie por toda Galicia".