Homenaxe a Gustavo Dacal en Ponte Caldelas ante o pavillón que leva o seu nome

Ponte Caldelas
13 de agosto 2024

Acompañado de amigos, deportistas e familiares. Así foi a inauguración oficial do renomeado pavillón de Chan da Barcia de Ponte Caldelas, desde agora Pavillón Municipal Gustavo Dacal Martínez 

Inauguración do renomeado Pavillón Municipal Gustavo Dacal Martínez de Ponte Caldelas
Inauguración do renomeado Pavillón Municipal Gustavo Dacal Martínez de Ponte Caldelas / Concello de Ponte Caldelas

Acompañado de amigos, deportistas e familiares. Así foi a inauguración oficial do renomeado pavillón de Chan da Barcia de Ponte Caldelas, desde agora Pavillón Municipal Gustavo Dacal Martínez.

O nome do atleta, múltiple campión de España de xavelina e que agora tenta iniciar un novo camiño no deporte adaptado compaxinándoo co seu labor de adestrador, figuraba desde hai uns meses no pavillón da súa localidade natal, pero foi agora cando se pudio celebrar unha merecida homenaxe.

"Para min ter unha instalación na miña terra, rodeado dos meus veciños, é unha honra", recoñeceu o propio Dacal nun emotivo acto.

Xunto a el estaba tamén o alcalde da localidade, Andrés Díaz, quen defendeu unha homenaxe na que "festexamos coa súa gran familia, persoal e deportiva, e con deportistas locais que entrenan no Pavillón Municipal Gustavo Dacal Martínez. Es un exemplo de superación Gustavo. Mereces seguir sumando éxitos", asegurou o rexedor.